Buenas tardes. Viernes, 29 de marzo de 2024
Página principal  Recomendar la página
DMCorporativewww.leyprocesal.com
  Buscador

disminuir fuente ampliar fuente

§123. SENTENCIA DELA AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA DE NUEVE DE MAYO DE DOS MIL. COMENTARIO DE ANTONIO MARÍA LORCA NAVARRETE

§123. SENTENCIA DELA AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA DE NUEVE DE MAYO DE DOS MIL. Comentario de Antonio María Lorca Navarrete

 

Doctrina: ÁMBITO DE RECEPCIÓN DEL VEREDICTO POR EL MAGISTRADO PRESIDENTE DEL TRIBUNAL DEL JURADO

Magistrado-presidente del Tribunal del Jurado: Jose Juan Ramón Barreiro Prado

*     *     *

 

ANTECEDENTES DE HECHO

PRIMEIRO.- O Ministerio Fiscal cualificou os feitos como constitutivos dos seguintes delictos:  a) Asasinato do art. 139-1 do CP b) Tenencia Ilícita de Armas do art. 564-1 CP; c) Roubo do art. 242-1 e 2 do CP. d) Danos do art. 263 CP., dos que considera responsables en concepto de autores Arturo Manuel e Severino, non apreciando a concorrencia de circunstancias modificativas da responsabilidade criminal, rematando para os referidos acusados peticionar a seguintes penas: a) Polo delicto de asasinato 16 anos de prisión. b) Polo delicto de tenencia ilícita de armas 2 anos de prisión. c) Polo delicto de roubo 4 anos de prisión. d) Polo delicto de danos pena de 10 meses de multa cunha cuota diaria de dúas mil pesetas. Accesorias de inhabilitación absoluta polo tempo de condena (art. 55 do CP). En concepto de responsabilidade civil, os acusados indemnizarán a Felisa, esposa de Ramón en oito millóns de pesetas e en cinco millóns de pesetas a cada un dos fillos, e indemnizarán a Antonio no valor do vehículo da súa propiedade que se acredite en execución de sentencia. SEGUNDO.- A Acusación Particular calificou os feitos de xeito que literalmente din "Los hechos relatados son constituvos de los siguientes delitos: A) Asesinato: art. 139.1 del Código Penal. B) Tenencia Ilícita de armas: art. 564.1 del Código Penal. C) Robo: art. 242.1 y 2 del Código Penal. D) Delito de daños: art. 263 del Código Penal. Son responsables den concepto de autores, Arturo Manuel y Severino. No concurren circunstancias modificativas de la responsabilidad criminal. Procede imponer a los acusados las siguientes penas: A) Por el delito de Asesinato: 18 años de prisión. B) Por el delito de Tenencia Ilícita de armas: 2 años de prisión. D) Por el delito de Danos: 24 meses. Accesorias de inhabilitación absoluta por el tiempo de condena (art. 55 del Código Penal). En concepto de responsabilidad civil los acusados indemnizarán: - A Felisa, esposa de Ramón, en quince millones de pesetas (15.000.000 pts.). - a cada uno de los hijos en siete millones y medio de pesetas (7.500.000 pts.). - a Antonio (padre de Ramón) en el valor del vehículo Peugeot 605, matricula PO- ... -AJ, que se acredite tenía en la fecha de los hechos." TERCEIRO.- A defensa do acusado Arturo Manuel, nas súas conclusións cualificou os feitos do xeito literal seguinte: "No conforme con el relato de hechos probados del Ministerio Fiscal. No conforme con la correlativa de la Acusación pública y particular en orden a la participación y autoría respecto a los hechos de sus primera conclusiones y en forma alternativa conforme al relato fáctico de ésta defensa No conforme y alternativamente conforme con la concurrencia de la circunstancia eximente de miedo insuperable y las atenuantes de confesar la infracciones a las autoridades, y la analógica de cooperación con la justicia reguladas en los artículos 20 y 21 del Código Penal. Al no ser los hechos realizados por Arturo constitutivos del delito de asesinato no procede imponer pena alguna No conforme con la del acusador público y particular en orden a la responsabilidad civil por los mismos motivos y, alternativamente, que la indemnización se reduzca en función de dos circunstancias. CUARTO.- A defensa de Severino mostrou a súa disconformidad co relato de feitos do Ministerio Público e da Acusación Particular e solicitou a libre absolución do seu defendido.

 

FEITOS PROBADOS

A) Expresamente se declaran probados, de conformidade co veredicto do Xurado, os seguintes: Na tarde do 24 de marzo de 1998, Ramón encargoulle a Arturo Manuel, que viña traballando para o anterior, que fose a Pontevedra no seu vehículo marca e modelo Peugeot 205, matrícula PO- ... -X para entregarlle ós ocupantes dun vehículo portugués certa cantidade de droga, quedando de seguido para reunírense ambos e facerlle entre Arturo a Ramón dos cartos recibidos pola entrega da droga. Arturo Manuel e Severino puxéronse en contacto telefónico, recollendo o primeiro a este segundo no seu domicilio para acudiren xuntos á cita con Ramón coa intención de darlle morte, e apoderarse dos cartos da venda da droga e os que consigo puidese levar este último. Sobre as 20,15 horas do día 24 de marzo de 1998, na pista veciñal que comunica o lugar de Paradela coa parroquia de Bemil, que parte da estrada local PO-3004 (Caldas-Catoira) xuntáronse, dunha banda, Arturo Manuel e Severino e, doutra banda, Ramón. Severino espetoulle a Ramón tres tiros cun revólver, causándolle a morte case inmediata. Despois de matar a Ramón os dous acusados, tal e como tiñan acordado, apodéranse de tódolos cartos que tiña Ramón tanto no coche, como os que levaba enriba, sen que se poida concretar a cantidade. O revólver co que foron efectuados os disparos tíñao Severino sen a correspondente licencia ou permiso. Arturo Manuel coñecía da posesión por parte de Severino dun revólver sen a correspondente licencia ou permiso. Coa gasolina que levaban dentro do Peugeot 205 nun recipiente aparte, para non deixaren pegadas, Severino e Arturo Manuel, prendéronlle lume tanto ó vehículo Peugeot 605, matrícula PO- ... -AJ, propiedade do pai de Ramón, Antonio, como ó corpo daquel, fuxindo de seguido do lugar no vehículo Peugeot 205, matrícula PO- ... -X, propiedade de Arturo Manuel. Os tres tiros foron disparados a curta distancia e por sorpresa sen que Ramón tivese tempo nin ocasión para defenderse ou fuxir. Dende que Arturo Manuel foi detido sempre confesou os feitos e colaborou na súa averiguación. B) Expresamente se declara como non probado, de conformidade co veredicto do Xurado, o seguinte: Que Arturo Manuel actuase influenciado polo medo insuperable que lle inspiraba Severino, que o eximía de toda responsabilidade penal.

 

FUNDAMENTOS DE DERECHO

PRIMEIRO.- A exposición de motivos da Lei Orgánica 5/1995, do Tribunal do Xurado, no seu apartado VI, declara que a vinculación do Maxistrado polo veredicto se reflicte na recepción que deste se debe facer na sentencia e no sentido absolutorio ou condenatorio da parte dispositiva; vinculación que tamén se estende ó título xurídico da condena, e que impón ó Maxistrado a necesaria cualificación para determinar o grao de execución, participación dos condenados e sobre a procedencia ou non das circunstancias modificativas da responsabilidade e, en consecuencia, a concreción da pena aplicable. Insistindo o preámbulo do amentado texto legal en que o Maxistrado, con independencia da motivación que os xurados fagan da valoración da proba existente, debe motivar por que considerou que existía referida proba sobre a que autorizou o veredicto. En correspondencia co anterior, o artigo 70 da mesma Lei do Tribunal do Xurado prescribe que o Maxistrado-presidente procederá a dictar sentencia na forma ordenada no artigo 248. 3 da Lei Orgánica do Poder Xudicial, incluíndo, como feitos probados e delicto obxecto de condena ou absolución, o contido correspondente do veredicto; asemade que, se o veredicto fose de culpabilidade, a sentencia concretará a existencia de proba de cargo esixida pola garantía constitucional de presunción de inocencia. SEGUNDO.- Os feitos que polo Xurado se estimaron probados legalmente son constitutivos dos seguintes delictos: a) Un delicto de asasinato, previsto e penado no artigo 139.1 do Código Penal. b) Un delicto de tenencia ilícita de armas, previsto e penado no artigo 564.1 do Código Penal. c) Un delicto de roubo, previsto e penado nos artigos 242. 1 e 2 do Código Penal. d) Un delicto de danos, do artigo 263 do Código Penal. TERCEIRO.- Son responsables criminalmente dos devanditos delictos en concepto de autores (artigos 27 e 28 do Código Penal) os acusados Arturo Manuel e Severino. CUARTO.- Seguindo a mesma orde exposta no fundamento de dereito segundo desta mesma resolución convén deixar constancia da proba existente da comisión dos referidos delictos, así como da súa autoría consonte se remata de explicitar no precedente fundamento. a) En canto ó delicto de asasinato (artigo 139.1 do Código Penal) non cabe dúbida algunha de que se tratou da morte dunha persoa (Ramón) perpetrada polos acusados Arturo Manuel e Severino. Ao respecto, o Xurado tivo por probado que Arturo Manuel viña actuando como recadeiro de Ramón, que se dedicaba ó narcotráfico, e que na tarde do 24 de marzo de 1998, en cumprimento dun encargo máis, Arturo Manuel achegouse ata esta cidade de Pontevedra no seu vehículo Peugeot 205, matrícula PO- ... -X, para entregarlle ós ocupantes dun vehículo portugués certa cantidade de droga a cambio de diñeiro, debendo darlle este a continuación a Ramón. Asemade, consta tamén como Arturo Manuel e Severino se puxeron en contacto telefónico para este último ser recollido na súa casa polo primeiro, que viña de volta de efectuar a encomenda de mención e aínda consigo levaba o diñeiro que lle tiña que entregar a Ramón, concertándose aqueles para xunto acudiren á cita con este último e, dándolle morte, apoderarse dos cartos da operación levada a cabo en Pontevedra cos ocupantes do vehículo portugués e mailos que consigo puidese levar Ramón. E de xeito consecuente con todo o anterior, igualmente por plenamente probado se tivo que, sobre as 20,15 horas do día 24 de marzo de 1998, na pista veciñal que comunica o lugar de Paradela coa parroquia de Bemil, que parte da estrada PO-3004 (Caídas-Catoira) xuntáronse todos aqueles (dunha banda, Arturo Manuel e Severino e, doutra, Ramón), espetándolle a ben curta distancia e por sorpresa, Severino a Ramón tres tiros de xeito que este último nin sequera tivo opción para defenderse ou fuxir. A tal efecto, os argumentos esgrimidos polo Xurado resultaron ben contundentes, pois, consistindo os mesmos na declaración dun dos acusados (Arturo Manuel) e nos informes periciais practicados, correctamente se entendeu enervada a constitucional presunción de inocencia (artigo 24 CE) polas sempre contestes e reiteradas declaracións daquel sen que estas aparezan viciadas (non se enxergan móbiles espurios, de vinganza ou resentimento, promesas de obtención de vantaxes procesuais, etc.) asemade que, efectivamente, os peritos que no xuízo declararon puxeron de relevo a dinámica comisiva da morte (a escasa distancia da víctima se produciron os tres disparos que ían dirixidos a zonas vitais do corpo) correspondéndose as balas que lle causaron a morte a Ramón coa que foi achada no coche de Arturo Manuel e que fora coa que, accidentalmente, se ferira Severino ó xa os dous abandonaren o lugar dos feitos, o que levou ó Xurado á conclusión de que fora a mesma arma a que disparara tódalas balas. b) O delicto de tenencia ilícita de armas (artigo 564.1 do Código Penal) consiste na posesión nunha daquelas, de fogo regulamentadas, curta, e carecendo da licencia ou permiso necesario. E sen dúbida algunha cometeuse no presente caso por canto que, polas declaracións do acusado Arturo Manuel o outro acusado Severino espetoulle a Ramón tres tiros cun revólver que posuía sen licencia ou permiso, constándolle de sobras a Arturo Manuel que aqueloutro levaba consigo tal arma por previamente pórse de acordo para matar a Ramón. c) Verbo do delicto de roubo (artigos 242. 1 e 2 do Código Penal) constituíu este o móbil do crime perpetrado e da previa concertación entre os acusados sendo elocuente, como expresa o Xurado, que por ningures aparecese nin a bolsa entregada por Arturo Manuel a Ramón (nin os seus restos), así como os gastos daquel acusado e Severino con posterioridade ó día dos feitos (adquisición por parte deste último dun vehículo e dunha moto, e viaxe e estancia daquel primeiro en Colombia). d) O delicto de danos (artigo 263 do Código Penal) perpetrouse no vehículo Peugeot 605, matrícula PO- ... -AJ, propiedade do pai do falecido,Antonio, ó os acusados, despois de teren cometido o asasinato e o roubo, rociaren aquel automóbil coa gasolina que nun recipiente aparte levaban eles no Peugeot 205, para que non quedasen pegadas súas, tal e como así puideron comprobar os Xurados ó ollaren as fotografías do devandito coche, e mesmo do cadáver, queimados, totalmente o primeiro, e parcialmente este último. QUINTO.- No atinxente á posible concorrencia de circunstancias modificativas da responsabilidade criminal, cómpre manifestar que, verbo das agravantes nin concorren nin mesmo tiñan interesado a súa posible aplicación o Ministerio Fiscal e a acusación particular exercitada pola viúva do falecido. En canto á eximente de medo insuperable (artigo 20.6 do Código Penal) o Xurado, por unanimidade, rexeitou a súa estimación por parte da defensa de Arturo Manuel ó non existir evidencias de que o outro acusado Severino coaccionase ó anterior, ata o extremo de que, como se razoa, Arturo Manuel tamén perpetrou o roubo. Mentres que verbo da tamén invocada pola mesma defensa de Arturo Manuel atenuante de ter confesado os feitos e colaborado na súa averiguación dende que foi detido (artigo 21.6ª en relación coa 4ª do Código Penal), o Xurado, por unanimidade tamén, considerouna probada. Agora ben, e con independencia do que logo se dirá, repútase irrelevante a efectos xurídicos por canto que o fundamento da atenuación radicaría en razóns de política criminal, aforrando así esforzos de investigación e facilitando a instrucción da causa criminal, precisándose, amais, que a confesión sexa para poñer en coñecemento da autoridade xudicial ou da policía os feitos cometidos, e que aquela sexa substancialmente veraz, non falsa ou tendenciosa ou equívoca. Se o que pretende o confesante non é a declaración duns determinados feitos posibilitando así as pescudas senón a defensa ante un feito delictivo, abofé que non se cumpre coa devandita finalidade atenuatoria e, no caso que nos ocupa, a garda civil cando procedeu á detención dos acusados xa tiña consumada unha ben cabal e exhaustiva averiguación dos feitos, como resultado da cal, todo apuntaba á participación nos mesmos daqueles dous polo que, a "confesión e colaboración" de Arturo Manuel produciuse a posteriori, cando xa estaba detido e o procedemento se dirixía contra el, e cando dende os feitos case que transcorreran dous meses e medio que a garda civil houbo de empregar nas pescudas da súa autoría que de xeito serodio confesou, incluso de xeito parcial, por canto que máis que aforrar esforzos na investigación estaba orientada a procurarse unha súa liña de defensa que lle permitise manterse á marxe da incriminación delictiva. Agora ben, valorando o referido comportamento do amentado acusado, e respectándose en tal extremo o espírito e sentir que o propio Xurado lle quixo outorgar, as penas a impoñer a Arturo Manuel haberán de fixarse, de entre as legais, na súa mínima expresión. SEXTO.- En aplicación do disposto no artigo 50.5 do Código Penal sinálase que para a imposición da pena de multa que corresponde ó delicto de danos (artigo 263 CP) atenderase á condición económica da víctima e a contía do dano, como sinala este último precepto legal, e que para o establecemento do importe das cotas estarase á situación económica dos reos, deducida dos seus patrimonios, ingresos, obrigacións e cargas familiares e demais circunstancias persoais, como subliña o primeiros dos citados preceptos. SETIMO.- Consonte o disposto no artigo 116.1 do Código Penal, toda persoa criminalmente responsable dun delicto ou falta tamén o é civilmente se do feito se derivasen danos ou prexuízos. ó respecto cómpre dicir que o falecido Ramón nacera o ... de abril de ... e, xa que logo, contaba con 38 anos de idade cando os acusados lle deron morte. Estaba casado con Felisa, e deixa dous fillos: Eduardo (nado o ... de decembro de ...), e Pedro (nado o ... de abril de ...). Considéranse así ben ponderadas, prudenciais e correctas as sumas interesadas polo representante do Ministerio Fiscal para a viúva (oito millóns de pesetas) e para os dous fillos (cinco millóns de pesetas para cada un) fronte ás elevadas cantidades (quince e sete millóns e medio de pesetas respectivamente) solicitadas pola acusación particular. De igual xeito os acusados deberán afrontar, a prol de Antonio, o pagamento do valor que na data dos feitos se demostre en execución de sentencia que acadase o vehículo Peugeot 605, PO- ... -AJ, propiedade daquel. OITAVO.- As custas procesuais, con inclusión das xeradas pola acusación particular, enténdese impostas pola lei ós criminalmente responsables de todo delicto ou falta (artigos 123 do Código Penal, e 239 e 240.2 da Lei de Axuizamento Criminal). Vistos os artigos de xeral e pertinente aplicación.

 

FALLO

Que de conformidade co contido do veredicto do Tribunal do Xurado que ten xulgado a presente causa, debo condenar e condeno ós acusados Arturo Manuel e Severino, como responsables en concepto de autores, sen a concorrencia de circunstancias modificativas da responsabilidade criminal, e con expresa imposición das custas da presente instancia, con inclusión das da acusación particular, do seguinte xeito: A) Polo delicto de asasinato (artigo 139.1 CP) á pena de quince anos de prisión para Arturo Manuel, e dezaseis años de prisión para Severino. B) Polo delicto de tenencia ilícita de armas (artigo 564.1 CP) á pena de un ano de prisión para Arturo Manuel, e un ano e seis meses para Severino. C) Polo delicto de roubo (artigo 242. 1 e 2 CP) á pena de tres anos e seis meses de prisión para Arturo Manuel, e catro anos de prisión para Severino.D) Polo delicto de danos (artigo 263 CP) á pena de multa de seis meses a razón dunha cota diaria mil pesetas para Arturo Manuel, e multa de dez meses a razón dunha cota diaria de mil pesetas para Severino. As penas de prisión impostas ós acusados ó resultaren superiores ós dez años levan consigo a inhabilitación absoluta durante todo o tempo da condena (artigo 55 CP). En concepto de responsabilidade civil, os acusados indemnizarán a Felisa na suma de oito millóns de pesetas (8.000.000 pts.), e tanto a Eduardo, como a Pedro na suma de cinco millóns de pesetas (5.000.000 pts.) para cada un deles, así como satisfarán a Antonio o valor que na data dos feitos se demostre en execución de sentencia que acadase o vehículo Peugeot 605, PO- ... -AJ, propiedade daquel. Para o cumprimento das penas impostas téñase en conta o tempo de privación de liberdade sufrido preventivamente polos acusados (artigo 58 CP). Reclámese da Sra. Xuíz-Instructora a urxente remisión das pezas de responsabilidade civil correspondentes ós acusados, debidamente tramitadas e rematadas. Notifíquese esta resolución en legal forma ás partes e ó acusado, coa prevención de que contra a mesma poden interpoñer recurso de apelacion perante a Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dez dias hábiles contados a partires da última notificación da sentencia, recurso que terá que fundamentarse nalgún dos motivos recollidos no artigo 846 bis c) da Lei de Axuizamento Criminal. Así por esta miña sentencia, da que se levará testemuño ó Rolo da Sección Segunda, xunto do tamén testemuño da acta da votación, o pronuncio, mando e asino. José Juan Ramón Barreiro Prado.

 

COMENTARIO:

Es cierto que, sin que me aborde la duda, la intangibilidad con la que el magistrado presidente del Tribunal del Jurado recibe el veredicto del jurado es una garantía que no se muestra debil, porque a la postre -con independencia de si son mejores las razones del jurado o las del magistrado presidente que lo preside- éste -el magistrado presidente del jurado que no se integra en un escabinado- no puede “revocar” el veredicto del jurado. Ahora bien, que no se nos oculte que la mentada recepción -eso si, en el marco de un control jurisdiccional- posee un efecto pleno. Y no es baladí que el magistrado presidente del Tribunal del Jurado BARREIRO PRADO se refiera a ella cuando dice “que tamén se estende -énfasis mío- ó título xurídico da condena, e que impón ó Maxistrado a necesaria cualificación para determinar o grao de execución, participación dos condenados e sobre a procedencia ou non das circunstancias modificativas da responsabilidade e, en consecuencia, a concreción da pena aplicable”.

Lo cual, en modo alguno, relativiza las consecuencias del control jurisdiccional, ya que (como expuse más arriba) el magistrado presidente del Tribunal del Jurado no puede “reiterar” su fallo con un acta de veredicto de motivación distinta.

 

Antonio María Lorca Navarrete

E-mail: alorca@ehu.es



 
Área privada

Instituto Vasco de Derecho Procesal

Utilizamos cookies propias y de terceros, para realizar el análisis de la navegación de los usuarios. Si continúas navegando, consideramos que aceptas su uso.
Puedes cambiar la configuración u obtener más información aqui.